Zum Hauptinhalt springen
Umbreit Logo

Marcopola 5. Terra a dentro

Cover von Marcopola 5. Terra a dentro

eBook - INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN E-book

Serrano, Jacobo Fernández

EDICIÓNS XERAIS

6.99

(inklusive MwSt.)

Verfügbarkeit: Lieferbar

Zusatztext

Marcopola acaba de estrear pernechas e xa está preparada para recuperar o remo roubado. Acompañada dos seus inseparables Libro e Dragoneta, deixará a Costa das Patacas e irá cara ao interior a través de fabulosas paisaxes na procura de pistas que lles axuden a dar con el. No camiño atoparán novos amiguiños, vellos e perigosos inimigos e outros seres que non se sabe que son. Calquera cousa pode pasar nesta incrible viaxe, pasiño a pasiño, TERRA A DENTRO!

Autorenportrait

Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros "A gardería de dona Bixelmina" (2005), "A pedra e as formigas" (2006), "Mil cousas poden pasar. Libro I" (2009), premio Merlín de literatura infantil e "Mil cousas poden pasar. Libro 2" (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con "As aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: "O nacemento de Nunavut" (2003), "Un día de caza" (2003), "Sedna, a deusa do mar" (2004) e "O caribú namorado" (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada "Os amigos de Archimboldo Roque", publicada na revista "Golfiño" (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica "Dos Veces Breve", así como da segunda época da revista "BD Banda", na que desenvolve a serie titulada "Animais pantasma". Co álbum de cómic "Aventuras de Cacauequi" (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. É autor da serie de cómic para os primeiros lectores "Marcopola. A illa Remeira". "Lois Pereiro. Breve encontro" (Xerais, 2011) foi a súa primeira novela gráfica.

Weitere Details

Erschienen: 15.01.2026

Umfang: 56 S., 62.11 MB

Sprache: GLG

Lesealter: Lesealter: 6-99 J.

ISBN/EAN: 9788411107679

Umbreit-Nr.: 9332996

Der Umbreit-Newsletter

Jetzt anmelden und immer über Angebote, Neuigkeiten und Aktionen informiert bleiben.